A Encrucillada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A Encrucillada adoita ser o lugar no que se produce un cruzamento de camiños. É un nome derivado de cruz e vén do latín INCRUCELIATA. Na Encrucillada do barrio de Rande crúzanse o Camiño das Coutadas, o Camiño do Cristo e o Camiño do Río Maior.