A Banda



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Segundo a Real Academia Galega o substantivo banda designa, entre outras acepcións, un territorio máis ou menos amplo situado á beira ou nas proximidades dun río, ría, accidente xeográfico etc. No Catastro de Ensenada (1756) aparece como "De Aquela Banda" pertencente a unha propiedade domiciliaria. Amais, tamén se rexistra como un único lexema composto "De Aquelabanda" e mesmo con grafía , "De aquela Vanda", ambas en referencia a unha terra de labradío probablemente próximas a unha casa.