Os Pasos da Fanega



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Santo Paio de Abaixo
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Paso ou Pasal designan lugares por onde un camiño atravesa unha corrente de auga mediante pedras situadas no propio leito do río. O segundo elemento é o nome antigo desta zona, A Fanega, e refírese a unha medida de capacidade para áridos (trigo, centeo?) e para superficies. É posible que neste caso estea relacionado coa produción do muíño situado nesa zona.