Castro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Porto Cabeiro
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo castro, máis os seus derivados e compostos, é unha forma moi empregada na toponimia galega. Procede do latín CASTRUM "fortificación, campamento militar". Nun inicio designaba os campamentos do exército romano, aínda que despois aludiuse con el aos poboados celtas. Polo que a miúdo os topónimos veñen determinados polo asentamento pasado destes pobos. Malia todo, debemos de ter en conta que se trata dun termo moi empregado tamén nos apelidos polo que ás veces resulta complexo discernir a súa orixe. En Cabeiro atopamos, por un lado como segundo formante do topónimo: Muíños de Castro no Penedo e Cierre de Castro. Este último contén o castelanismo "cierre" que no galego normativo actual correspondería ?peche?. E, por outro, Castro Ferreiro cualificado polo adxectivo ferreiro (do latín FERRARIUS, "de ferro").