O Camiño de Viacoba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Viacova, con -v- etimolóxico, é un topónimo que se rexistra no Principado de Asturias. O Nomenclátor de Galicia non nos fala da existencia aquí deste topónimo. Covo e cova son moi frecuentes na toponimia para facer referencia a lugares situados nunha depresión do terreo ou a unha concavidade orográfica. A palabra cova deriva do latín vulgar COVA e esta, do clásico CAVA "burato, oco". Polo tanto, Viacoba pode ser entendido como un camiño profundo. O substantivo camiño "vía que comunica dous ou máis lugares" é moi abundante na toponimia galega e remite a unha forma *CAMMINU, voz de orixe céltica introducida no latín.