A Veiga do Eido
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Os topónimos A Veiga fan referencia a un "terreo baixo, amplo e fértil xeralmente ás beiras dun río" ou a un "terreo de cultivo". Vén do substantivo veiga, considerado unha voz prelatina, crese que a orixe de veiga hai que buscala no ibero VAIKA "veiga", de VAI "río" e o sufixo -KA "rexión do río" ou na expresión (TERRA) *(I)BAIKA "terreo á beira dunha corrente de auga", emparentada coa voz vasca ibai "río". Como sucede no caso de val, non é doado saber se a aplicación toponímica obedece a unha acepción topográfica ou apunta cara a unha "propiedade rústica situada nese espazo". Na parroquia de Cedeira rexístranse numerosos topónimos formados por veiga + de + nome, sexa este un nome relativo a unha posición, unha característica, un lugar ou un nome propio ou alcume.