Terra Feita de Abaixo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O topónimo Terra Feita podería interpretarse como resultado de terra freita, do latín TERRA FRACTA. Terra F(r)eita puido ter que ver co antigo labor de amansar o monte, Solla Varela sinala que este nome designa unha porción de monte habilitado para o cultivo. Existe un paralelo portugués Terra Feita en Ponte de Lima e Vieira do Minho, que aparece relacionado tamén cun "arroteamento", isto é, limpar a terra do mato para cultivala.