Punta Socorro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O nome de Punta Socorro débese a que antigamente existía alí unha capela de Nosa Señora do Socorro. Neste punto instalouse a Industria Metalífera Española-IME, fundada en 1946, onde se fundían e recuperaban recortes e chatarra. Declarouse en quebra en 1956, pero a súa cheminea aínda se pode ver con claridade. Punta Socorro é unha porción de terra que se adentra no mar.