A Peña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira
O substantivo peña é un castelanismo, o termo en galego sería pena e fai referencia a unha formación pétrea de gran tamaño que sobresae en boa parte da superficie. Esta voz pasou ao portugués como penha, desprazando a vella forma patrimonial común galego-portuguesa pena que actualmente só sobrevive no rexistro toponímico. No tocante á súa etimoloxía, a opinión maioritaria interpretou pena como resultado do latín PINNA "amea dunha muralla ou fortaleza", "pináculo", aínda que outros autores consideran máis axeitado relacionala co substrato prelatino, e máis en concreto cun tema *PENN-/*PINN- "rocha, pena".