As Pedras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo común pedra (do latín PETRA) e os seus derivados teñen moita presenza na toponimia. Con frecuencia rexístrase a forma do singular, por referencia a unha pedra individual que destaca ou destacaba na paisaxe. Compite nestes usos con pena e outras formas equivalentes no significado. En moitas ocasións aínda é posible identificar a pedra que deu nome ao lugar, mais noutros casos xa desapareceu por acción da man do home. No Nomenclátor de Galicia son máis de 500 as entidades de poboación que conteñen no seu nome o substantivo pedra ou un derivado. Na toponimia menor é igualmente abundante.