Outide de Arriba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Trátase dun topónimo con sentido colectivo en referencia a outos. Deriva do adxectivo latino ALTUM ao que se lle engade o sufixo ?ETA>-IDA. Posteriormente este ?IDA alterou en ?IDE (como sucede con Peneda/Penide) para dar o citado Outide. En definitiva, refírese a un lugar onde abundan os outeiros.