Cristo da Murada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Unha murada é un terreo que está cercado de muros e muro vén do latín MURU. En Rande rexístranse As Muradas, que fai referencia a unha entidade de poboación, e Muradas, que se refire a un terreo. O Camiño das Muradas pasa polo lugar de Rande, onde tamén están Casa da Murada e Cristo da Murada. Ademais, rexístrase Murada ou Maruxa que nomea a casa de Ponce de León, un Gobernador Civil durante a ditadura franquista.