As Laxes



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo común galego laxe é unha palabra de orixe prerromana, posiblemente céltica, que se incorporou como LAGENA ao latín do noroeste hispánico. Os dicionarios definen laxe como "pedra de superficie lisa". Ten moita presenza na toponimia de Galicia e o nomenclátor recolle noventa e cinco localidades en cuxo nome está presente este substantivo. As Laxes, no barrio de Eira Pedriña, está relacionado cunhas laxes que hai no lugar, aínda que hoxe en día están tapadas polo piche da estrada. Antigamente utilizábase como eira para mallar o gran.