As Hortas de Arriba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Unha horta fai referencia a un terreo cerca da casa no que se cultivan legumes, verduras e hortalizas e, nalgúns casos, árbores froiteiras. O masculino horto procede do latín HORTU "xardín", e o feminino horta (do latín HORTA) constitúe un aumentativo-colectivo, que é común aos romances hispánicos e á lingua de occidente. A forma en feminino é moito máis común na toponimia que o masculino horto.