Eixido Grande



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Do latín EXITUM "saída", participio do verbo EXIRE "saír, ir fóra" procede o galego eixido, paralelo do castelán ejido, nomes que en orixe designaban o terreo inmediato á casa, habitualmente con horta, viña e árbores froiteiras. Neste caso trátase dun microtopónimo composto polo substantivo eixido e o adxectivo grande que se atopa no barrio de Rande.