Eido Farruco



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo eido procede do latín ADITUM, participio do verbo ADIRE "engadir". É de uso moi común e refírese ao terreo engadido á casa que quedou dentro das terras que rodean a propiedade. Tamén pode ser a horta que existe dentro do lugar da casa ou ao seu carón. Na parroquia de Cedeira este é un nome moi recorrente. Así pois, o substantivo eido forma parte de numerosos topónimos cuxas segundas partes adoitan facer referencia ao propietario do eido ou a unha característica deste.