As Cuturas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

No dicionario de Leandro Carré Alvarellos recóllese a forma cuturiño co significado de "extremo, cima, parte alta y superior de una piedra, poste etc.". Por tanto, ten orixe en coto (véxase a entrada correspondente) e que sufriría unha dupla alteración vocálica por medio da pechazón.