O Covelo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo covelo designa un "pequeno lugar cóncavo ou fondo; pequena depresión do terreo", diminutivo do adxectivo covo (do latín CAVA, "cóncavo, profundo"). O adxectivo adoita aplicarse a lugares situados nunha depresión do terreo, mentres que o substantivo cova pode designar calquera concavidade orográfica.