As Ruás



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Asnelle de Arriba
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Trátase dun topónimo enigmático tanto no significado como na escrita (A Ruás, As Ruás, Arruás) como así aparece no Catastro da Ensenada (1752). Non se pode descartar a posible relación co animal mariño pero é posible que sexa o plural dun derivado en ?al, se cadra dalgún nome de planta.