Besada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Un verbo equivalente a rozar ou cachar é vesar, procedente do latín VERSARE derivado de VERSU ("suco aberto polo arado"; o nome do verso poético foi en orixe unha metáfora agrícola, pola semellanza das liñas paralelas dun poema cos sucos dunha terra arada). Así pois, Navaza indica que vesar significa arranxar para o seu cultivo un terreo que estaba a bravo. O arado empregado para isto, máis forte e resistente ca o arado común, recibía o nome de vesadouro ou vesadoiro, e as terras gañadas por ese procedemento eran vesadas. Unha boa parte das vesadas que sobreviven na toponimia actual de Galicia son recentes, posteriores á introdución do millo e da pataca na nosa agricultura. É moi común nestes topónimos, e no correspondente apelido de orixe toponímica, a grafía non etimolóxica con b, Besada, que é o que atopamos na parroquia de Cedeira, no barrio de Fortóns. O apelido Besada ten a maioría das súas ocorrencias na zona suroccidental de Galicia, onde se atopa o concello de Redondela.