As Barroncas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

As Barroncas é un nome derivado a partir da voz prelatina barro "arxila". Neste caso non parece ter que ver con ese significado orixinario dun terreo abundante en barro, senón que parece aludir á orografía. No caso do significado orixinario estarían nomes como Barral, O Barral, Barreiro ou Barreira (e os plurais). Porén, no caso de aludir á orografía, teríamos nomes relacionados con barra, barronca, barranco etc. Na parroquia de Cedeira, no barrio de Fortóns, rexístrase As Barroncas e refírese a un terreo cun descenso brusco e profundo, coma un barranco.