O Areal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O Areal, en latín ARENALE, topónimo de significado transparente, é un abundancial de area, co sufixo -ALE. Daquela, o lugar chamado O Areal caracterizarase por ser abundante en area. No nomenclátor de Galicia rexístranse 16 lugares chamados O Areal ou con Areal como parte dalgún composto.