O Torreiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

A pesar da aparente relación con torre, os substantivos torreiro e turreiro presentes na toponimia adoitan ser variantes de terreiro, derivado de terra. Estes substantivos nomean espazos abertos, habitualmente chans e de uso público, con frecuencia nas inmediacións da igrexa parroquial, mais este nome rexistrado no barrio de A Costeira non se atopa preto dela. Gonzalo Navaza indica que nalgunhas áreas de Galicia as palabras torreiro e turreiro significan "o campo da festa". En portugués, terreiro significa praza ou campo. A alteración de terreiro en torreiro é paralela da que se dá no adxectivo terroso, que na toponimia adoita presentar a forma torroso.