As Almenas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
É un topónimo de orixe incerta. Existen dúas posibles explicacións: que proceda do artigo árabe al- e do latín MINAE "almenas". En galego recibe o nome de amea, "cada un dos saíntes en forma de prisma nos que remata a parte superior das murallas, castelos etc., que serve como defensa ou ornamento". Ou trataríase dun alongamento -m da raíz AL-, relacionada con unha raíz *el-/*ol- "fluír". Con este alongamento reconstrúe Krahe un tema Alm- con numerosos derivados en toda Europa. Almena probablemente sexa unha alternancia etimolóxica de *alme(n)eto, a partir do mesmo tema que os hidrónimos Almana ou Almina, rexistrados por Krahe.