Xoán de Abaixo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

Este topónimo menor do barrio de Quinteiro está relacionado co nome de propietario Xoán. Boullón Agrelo indica que Xoán procede do hebreo Yohanan ou Yehohanan, que significa "Deus é misericordioso". Pasou ao grego como Ioánnes e ao latín como IOHANNES. Posiblemente sexa este, xunto con María, un dos nomes con máis vitalidade nos últimos dous mil anos, non só en Galicia senón en todo o mundo occidental. Boa proba son as variantes e combinacións que admite en todas as linguas e a gran cantidade de tradición oral que atesoura. Tamén deu orixe a varios apelidos, entre os que están Anes, Oanes e Eanes. O culto do santo é moi antigo: é o quinto en número de advocación, en 236 parroquias, coas formas San Xoán ou as populares Seoane, Seivane, Sevane, que tamén produciron apelidos; deles, o apelido Seoane é un dos 50 máis frecuentes.