O Souto



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros

O souto é o substantivo co que comunmente se coñece ao bosque dos castiñeiros. Así e todo, a súa orixe está no latín SALTU referido a un bosque mixto. En Negros só aparece como segundo termo do topónimo en Fonte do Souto (parroquia de Fixón), Pozas do Souto (parroquia de Pregal de Arriba) e en O Cabo do Souto (parroquia de A Igrexa). Este último formado co lexema cabo referencia o punto no que remata a localidade.