O Piñeiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo piñeiro (que designa unha árbore da familia das pináceas), xa se rexistra como topónimo "O Piñeiro" no Catastro de Ensenada (1756) onde aludía a unhas terras de cultivo. Cabe mencionar que antes de que se expandira esta especie polos bosques galegos pola repoboación do século XVIII, o pino manso quedaba relegado a uns exemplares illados nun lugar. É por este motivo que xa se teña referencia en 1756 dun lugar nomeado O Piñeiro en singular e sen necesidade de cualificadores que especifiquen o substantivo. Por outra parte convén lembrar que a forma galega é piñeiro fronte a pino malia que esta teña tamén presenza na toponimia galega (por exemplo, o Concello do Pino; ou máis cerca, en varios microtopónimos de Vigo) e na literatura galega (Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal) ou coma no Caso de Santo Estevo de Negros como derivado co sufixo colectivo -al ou -ar que forma o termo pinal que refire un bosque de piñeiros. Na parroquia de Negros destacamos O Pinal, documentado no Catastro de Ensenada como "O Pinal", que designa un terreo plantado de piñeiros; e co emprego de modificadores: O Pinal do Rei, O Pinal do Barroco, O Pinal da Ferriña e O Pinal do Turro.