A Pereira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Negros
DA PARROQUIA DE
Negros
Na parroquia de Negros atopamos catro topónimos con este lexema: con morfema singular A Pereira, cun morfema plural As Pereiras (rexistrado dende 1756 como "As Pereiras"), As Pereiriñas co emprego dun sufixo derivativo diminutivo (documentado no Catastro de Ensenada en singular "A Pereiriña"), e por último cun modificador: A Pereiriña da Esquina, A Pereira de Bajín (na fala oral tamén sincopado: A Preira de Bajín), A Pereiriña da Punta e a Pereiriña do Medio. Estes topónimos, moi concorridos na toponimia galega, son palabras homónimas. Isto é, supoñen diferentes significados dependendo daquilo ao que fagan referencia. Tanto pode aludir á árbore froiteira pera (do latín PIRA), como tamén un lugar cuberto de pedras (do latín PETRA). Ambos os dous lexemas pera e pedra nas palabras derivadas evolucionaron ao galego como pereira,o aínda que tamén se emprega e se recolle para pedra o derivado pedreira, pedreiro.