O Carballo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros
O carballo, de nome científico Quercus robur, designa unha especie arbórea moi común na flora galega. É unha árbore caducifolia da familia das fagáceas, de gran tamaño, coas follas glabras con lobos e que ten como froito a landra sobre un longo pedúnculo. Antigamente, até que as actividades de produción introduciron outras especies, o carballo era a especie principal; tanto é así que o Nomenclátor de Galiza recolle máis de catrocentas localidades que teñen no seu topónimo este lexema ou os seus derivados. En Negros distínguese O Carballo, no Catastro de Ensenada (1756) tamén como "O Carballo", modificados por un complemento de nome que sitúa ao lugar: O Carballo de Arriba e O Carballo de Abaixo. Con toda probalidade, como indica a fonte de 1756, o lugar só fose coñecido pola forma en singular.