A Levada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros
A levada é un sistema de condución da auga moi típico en Galicia. Trátase dunha canle inicialmente de rego que ten forma de "u", é estreita para que a auga non padeza evaporacións e cunha lixeira pendente que desviaría o curso do río ou do regueiro para conducilo cara a un muíño ou a unha finca. Na parroquia de Negros podemos atopar dous topónimos como A Levada, ambos na oralidade tamén con pronuncia labializada lovada e rexistrados no Catastro de Ensenada de 1756. Un deles conducía a auga do Maceiras cara ao muíño de Cedeira e o outro sitúase no Río A Sapal.