O Carreiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros

O carreiro é un substantivo común que determina un camiño, a miúdo estreito. Deriva do substantivo carro, e mantén a relación con este ao se usar inicialmente co significado de ser "camiño apto para carros". A forma en masculina distíngueo da carreira en canto ao tamaño: o carreiro só serve para pasar a pé por ser máis pequeno ca carreira, que era apto para carros. Na parroquia de Negros podemos distinguir O Carreiro da Chapa e O Carreiro da Peregrina. Ambos están no barrio de Pregal de Arriba.