A Roda
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo roda designa, tal e como nos refire o dicionario da Real Academia Galega, unha peza circular que xira ao redor dun eixe e que pode ser de diversos materiais e ter usos moi diversos. Xa que logo, é probable que este topónimo xurda da denominación dunha peza redonda. Na parroquia de Negros cabe salientar A Roda do Castro, que como se indica está intimamente vencellada á existencia dun antigo castro situado na parte alta e que conforma un elemento distinguible da parroquia de Negros.