A Revolta



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo revolta pode ter dúas orixes e significados diferentes. Por unha banda como sinónimo de volta máis un prefixo re- e viría designar curvas pronunciadas no camiño. Por outra banda tamén podería ter relación con parcelas cultivables especialmente no monte. Moitas destas terras, que se lle gañaban ao monte, e que se diferenciaban das recolleitas principais porque nestas últimas se deixaba unha terra de barbeito, foron orixinadas xa na época medieval. Algunhas outras en épocas máis tardías, pero en calquera caso explicaría a aparición no Catastro de Ensenada (1756) como "A Revolta". O Nomenclátor de Galiza recolle cerca de 50 localidades con este lexema no seu topónimo.