A Pedra
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Negros
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo pedra é un xenérico de uso común na toponimia e microtoponimia galega. Procede do latín PETRAM. Neste caso sería empregado para o chamamento dunha pedra individualizada como sinónimo de pena ou penedo. Na parroquia de Negros atópanse: A Pedra de Armando, A Pedra do Pico, A Pedra dos Mouros e A Pedra do Couto no monte comunal dividindo Santo Estevo de San Vicente de Trasmañó. En moitas ocasións estas pedras serviron de elementos de referencia pois servían de orientación e localización. Así mesmo, tamén se rexistra como segundo termo do topónimo: O Cocho das Pedras, e como formantes dun topónimo vial o Camiño de Eira Pedriña. En canto ao segundo caso o topónimo A Pedreira procede do latín PETRARIA ("lugar abundante en pedra").