O Patelo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo patelo, de nome científico Ranunculus repens, designa unha planta vivaz da familia das ranunculáceas, de follas escuras divididas en tres ou cinco lobos e flores amarelas, que florece de abril a xuño en lugares húmidos e sombrizos. Na parroquia de Negros podemos atopar O Patelo, lindando co Laranxo, documentado no Catastro de Ensenada (1756) como "O Patelo". Cualificado por un complemento de nome que indica onde se sitúa podemos distinguir: O Patelo de Abaixo, O Patelo do Medio e O Patelo de Arriba. Todos esten topónimos localízanse no barrio de Fixón. En canto ao barrio da Igrexa encontramos a forma diminutiva As Pateliñas.