A Mo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo mó do latín MOLA dá como resultado no galego normativo moa, pero na franxa suroccidental tamén se rexistra o resultado mó como en portugués. Na toponimia adoito se refire a elevacións ou prominencias do terreo. En Santo Estevo de Negros podemos distinguir A Mo, xa documentada no Catastro de Ensenada como "A Mo", e modificada por un complemento de nome que localiza o lugar A Mo de Arriba. A mesma orixe toponímica ten o veciño concello de Mos.