A Leira Lonca



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo leira é de orixe prerromana, documentada en textos medievais como LAREA. Designa "un lugar estreito de regadío". Segundo o Nomenclátor de Galiza son 25 os lugares cos seus derivados denominados como leira. Na parroquia de Negros recóllese A Leira Lonca (con gheada -nc-) formada por un adxectivo cualificativo que referencia a forma alongada do terreo. Este fenómeno é frecuente cando despois da consoante nasal vén o /g/, e que no canto de se pronunciar como aspirada realízase como /k/. No Catastro de Ensenada de 1756 aparece referenciado o lexema con morfema singular e plural, morfema derivativo diminutivo e sen modificadores: "A Leiriña" e "As Leiriñas".Tamén encontramos dous topónimos máis que veñen modificados polo lugar no que se atopan: A Leiriña Norte e A Leiriña Sur.