O Eido



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Pregal
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo común eido está recollido polo dicionario da Real Academia Galega como un "conxunto de terras que circundan unha casa" ou un "terreo cultivado que pode estar entre as terras que rodean unha casa ou non". Segundo o Nomenclátor da Xunta de Galiza son 50 os lugares que teñen no seu topónimo este nome ou derivados do mesmo, a meirande parte deles rexistrados nas comarcas do Condado, Paradanta e Vigo. Na parroquia de Negros distinguimos O Eido de Arriba, Eido de Juaniña, Eido de Marta, Eido da Chica, Eido Coteña, Eido Caguiña, Eido Peregrina (tamén coñecido como Pelegrina), Eido do Sapo, Eido do Tene, Eido de Clara, Eido de Juana e O Eido do Rei. Como segunda parte do topónimo podemos atopar A Veiga do Eido e Lugar do Eido Vello.