A Devesa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros

O substantivo devesa procede do latín DEFENSA, participio do verbo DEFENDERE que significada "defender" ou "prohibir". De aí que os lugares que se denominaban como devesa tiveran algún tipo de restrición. Dende o século XV moitas destas devesas pasaron a considerarse "do rei" por iso actualmente temos o topónimo A Devesa do Rei tamén coñecida como A Coutada do Rei. Son máis de 60 as localidades que recolle o Nomenclátor de Galiza. Na parroquia de Negros podemos distinguir A Devesa do Lago, A Devesa de Miróns (no Catastro de Ensenada como "A Devesa de Mirons") e A Devesa de Berto.