A Coviña



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros

O topónimo cova, máis os seus derivados, proceden do latín CAVAM que evolucionou ao latín hispano como COVA e remiten a unha concavidade orográfica do terreo. Na parroquia de Negros sitúase A Coviña no barrio de Fixón, cun sufixo derivativo. E, co mesmo formante, no barrio de Negros, A Coviña documentado no Catastro de Ensenada como "A Coviña".