A Coutada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Negros
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo coutada vén do verbo coutar, a partir de couto (en latín CAUTU, "protexer, defender, coidar"). Un couto é un territorio afectado por determinados dereitos de propiedade ou xurisdición. Por tanto, A Coutada refírese a parcelas do monte que foron privatizadas e adoitan lindar co monte comunal. Na parroquia de Negros actualmente distinguimos en función da formación do topónimo: A Coutada, o lexema sen sufixos derivativos nin modificadores, situada no Camiño da Chousa ao lado do Eido de Arriba. Xa aparece no rexistro do Catastro de 1756 como "Coutada", sen artigo, unha terra de labradío secano. Coa utilización dun sufixo derivativo diminutivo podemos atopar As Coutadiñas que se rexistra dende 1756, pero en singular "A Coutadiña". Seguramente a forma en plural se deba á partición da terra pero segue a referirse a unha único lugar. Co emprego dun complemento do nome que indica a localización dos terreos: Coutadas do Muíño do Medio (no Catastro de Ensenada probablemente sexan as referenciadas como "Coutadas do Medio"), entre o Camiño do Carrascal e o Camiño Cadeláns. As Coutadas de Abaixo enriba do Lugar da Lagoa e sobre A Coutada da Cachena. As Coutadas do Galleiro estremando con Cartas. A Coutada de Testas lindando cos Lagos. As Coutadas da Pedra referénciase no Catastro de Ensenada de 1756 como "As Coutadas da Pena" e localízase debaixo da Coutada da Carreira, estas últimas atopadas no lugar da Pena. Cun complemento do nome que indica unha cualidade do terreo podemos achar As Coutadas Novas tamén na Pena e, baixo as Peniñas, As Coutadas Dafora referidas no Catastro de 1756 ?El Souto Deafuera?. Por último, cunha probable alusión aos donos das terras por medio dun alcume: As Coutadas de Pichón (que lindan con Cadeláns) e As Coutadas da Cachena. O segundo formante do topónimo, o adxectivo cacheno tal e como menciona o dicionario da Real Academia Galega , indica que lle falta un ou os dous cornos, que non ten dentes ou que é relativo á raza cachena; xa que logo, é moi probable que teña que ver cun dos donos ou con algún animal do dono da parcela. Podemos distinguir tamén A Coutada do Rei máis coñecido como Devesa do Rei. A segunda parte do topónimo do rei usouse para denominar lugares de reguengo (no Antigo Réxime dependían do rei, isto é, que non estaban sometidos a señorío laico ou eclesiástico). Emporiso, tamén podería facer referencia ao apelido dun propietario posto que antigamente Rei era empregado para aqueles bautizados dos que se descoñecía o pai como Dos Santos ou De Deus. A Coutada da Carreira distinguido no Catastro de Ensenada como "A Coutada", A Coutada do Estévez (por un apelido), A Coutada do Ramonciño, A Coutada de Nela e A Coutada da Santa.