O Coto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Negros
DA PARROQUIA DE
Negros
O substantivo coto de orixe prerromana designa tanto "unha elevación do terreo" como a "parte máis alta dun monte que ten forma cónica". É un microtopónimo moi frecuente en toda Galiza.Na parroquia de Negros podemos distinguir o topónimo Coto sen complementos do nome nin sufixos derivativos, Coto de Negros, Coto do Corno ou Coto do Tarrelo. De por parte, o substantivo cotarelo vén significar un "pequeno outeiro máis ou menos agudo". É un antigo diminutivo de cótaro, "outeiriño agudo", que orixina na parroquia de Negros o topónimo O Cotarelo.