As Cavadiñas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fixón
DA PARROQUIA DE
Negros

É unha forma do participio do verbo cavar (do latín CAVARE, que á súa vez deriva de CAVUS, "oco"). Con este nome desígnase unha terra roturada; é dicir, un terreo gañado ao monte para o seu cultivo. As Cavadiñas xa o podemos atopar no catastro de Ensenada como "A Cavadiña" en singular. No Memorial cobrador de rentas para 1721 recóllese este topónimo coa forma "Cabadiñas".Como segundo formante do topónimo distinguímolo en Lugar das Cavadas que se rexistra no Catastro de Ensenada como "A Cavada".