O Buraco



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Negros
DA PARROQUIA DE
Negros

A forma buraco ten unha orixe prerromana indoeuropea. Trátase dunha das palabras máis antigas no noso idioma. En Galiza deu numerosos microtopónimos, tamén en forma diminutiva, Buraquiño. O substantivo buraco refire unha cavidade ou desigualdade no terreo. Pero tamén pode ter relación coa abertura que atravesa algo dun a deloutro lado. Nesta parroquia redondelá podemos distinguir O Buraco do Barro, situado no propio barrio de Negros.