O Soutiño
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela
Souto vén do latín SALTU, que tiña en orixe un significado oronímico de "desfiladeiro, quebrada" e outro fitonímico "pastizais con bosque". O nome indica que habería, no momento do nacemento dos topónimos, un souto de castiñeiros ou de castiñeiros e carballos mesturados. Segundo Cabeza Quiles a castaña tivo moita importancia como alimento en Galicia, antes da chegada da pataca americana de alén mar, e fixo que fose chamado nun principio castaña da terra ou castaña mariña. O topónimo O Soutiño aparécenos cun valor diminutivo, en referencia ao tamaño do souto.