O Regadouro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela

O Regadouro vén do latín RIGATORIUM. Está relacionado con rego, que é un substantivo que provén do celta *reku "gabia" e que seguramente conflúa cos derivados do verbo latino RIGARE "regar". Refírese a un pequeno curso de auga ou a canle que distribúe a auga polos prados. Igual que coas palabras lavadouro ou apeadouro, rexistramos a terminación -ouro, moi típica desta zona do territorio galego.