A Canexa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela
Pode ser un derivado formado a partir do latín CANNA "cana" e o pouco habitual sufixo -exa, que ten escasa presenza na toponimia. Na toponimia hai moitos nomes derivados de cana que non son fitotopónimos, senón que aluden ao concepto de "cilindro oco" de xeito metafórico, pois estas plantas poden asociarse a el de xeito claro. Moitos deles fan referencia a conducións de auga, podendo confluír con derivados de CANALE. Porén, neste caso temos dous nomes A Canexa, un fai referencia a un camiño estreito e outro a un terreo. No Catastro da Ensenada de 1760 xa se documenta este microtopónimo.