A Cachada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela

O substantivo cachada, formado sobre o participio do verbo cachar (do latín *CASCULARE "romper"), ten moita presenza na toponimia. Designa terras gañadas ao monte por ese procedemento. Moitos terreos de mato ou arboredo que no seu día foron cachados para dedicalos a cultivos, na actualidade son de novo terras de monte.