Paradiña



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela

A orixe deste nome, que se trata dun topónimo replicante do barrio Parada de Chapela, refírese a un descanso orográfico; é dicir, a unha parada dun camiño. Isto compróbase na localización desta parroquia na zona alta e menos pendente. Parada é o participio latino de PARATUS, A, UM, do verbo PARARE "parar, facer unha parada nunha viaxe, nunha pousada ou mesón". Paradiña é o diminutivo de parada.