O Baleiro do Camiño



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Parada
DA PARROQUIA DE
Chapela

Nicandro Ares, sobre o topónimo Baleira da provincia de Lugo, indica que puido ser un nome neutro en plural *VALLARIA, formado sobre o adxectivo latino VALLARIS, -ARE "valar", referido a VALLUM "valo, estacada, trincheira, foxo". Os portugueses teñen o topónimo Valeira e o nome común valeira "vala pequena", derivado de vala "fosso para defesa de fortificação; canalização de águas". Nesta liña semántica está o que se le no Gran Dicionario Xerais da Lingua: "Valeira s.f. 1.Val situado nunha encosta. 2.Val extenso". A mesma expresión atópase no Dicionario da Lingua Galega de Alonso Estravís. O dicionario da Real Academia Galega actualmente define valeira como "val pequeno". Porén, na parroquia de Chapela atopamos o nome O Baleiro e O Baleiro do Camiño en masculino e grafado con .